Como se fixo A Galaxia Imaxinaria
Esta é a historia da creación de A Galaxia Imaxinaria, un parque no que os planetas xiran ao redor das persoas.
Un novo proxecto urbano, turístico, cultural, lúdico e pedagóxico.
Un proxecto de recuperación urbana.
A Galaxia Imaxinaria é un proxecto de recuperación urbana atravesado por unha serie de contidos e propostas que acompañan a activación dun espazo público.
A recuperación dos usos desenvólvese a través da integración entre os contidos e o propio traballo de transformación urbana do espazo.
Os contidos que se fusionan co proxecto urbano están inspirados en dous eixes centrais:
As temáticas elixidas están en relación directa co conxunto da comarca e con algunhas das súas áreas de interese principais e enmarcan o Parque no Plan de Dinamización de Produto Turístico de Ferrol, Eume e Ortegal.



